Historia Viva e Recreación Histórica
A recreación histórica é a dramatización rigorosa e apolítica dun acontecemento, característica ou periodo histórico, como resultado dun proceso previo de información, estudo e aprendizaxe.
A Living History (literalmente, «Historia Viva») ten como obxectivo principal devolvernos ó presente un fragmento do noso pasado. Recrear supón realizar ou traballar con réplicas como as que podemos atopar en museos ou libros e aprender dun xeito empírico cómo podían ter lugar as tarefas cotiás da época que pretendemos representar.
Así, a recreación se convirte nunha maneira didáctica, pedagóxica e, ó mesmo tempo, entretida de acercar á sociedade actual unha época do pasado, facéndoa real y tanxible.